Balbino é un rapaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o arrodea e adoece por entendelo, pero niguén lle dá as respostas que precisa. Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o máis lido e o máis traducido, agora adaptado á lectura fácil.